28 dic 2016

VISITA Á EXPOSICIÓN DE XOSÉ MARÍA CAO



Ata o 27 de decembro estivo aberta ao público a exposición do caricaturista Xosé María Cao Luaces,
 no Conxunto Histórico de Sargadelos. Esta exposición está promovida pola Consellería de Cultura e Educación para dar a coñecer a obra deste artista nado en Cervo en 1862 e que estivo emigrado na Arxentina, onde está considerado como o patriarca da caricatura.
Xa na sala de exposicións, escoitamos unha breve explicación sobre este artista, vimos un vídeo sobre a realización de caricaturas e logo fixemos un pequeno obradoiro de debuxo e realización de caricaturas.



No hay comentarios: