1 feb. 2017

XORNADAS ESCORNABÓTICAS DE FORMACIÓN DE USUARIOS

Durante o mes de xaneiro os nenos e nenas maiores organizaron sesións de formación de usuarios cos máis pequenos do cole. Así foron explicando como se pode " xogar cos escornabots" e como se poden programar coa botoeira. Os de 6º curso estiveron nas aulas de 2º e 3º; Os de 5º, nas de 1º e 6º de EI e os de 4º, en 4º e 5º de EI.  Tamén os invitaron a probar e xogar cos robots. A experiencia foi todo un éxito e quedaron con ganas de máis.
Logo, a profe Ana e os nenos de 4º de EI viñeron `polas aulas explicarnos como funciona un robot aspirador. Confirmamos que a tecnoloxía facilita moito a nosa vida diaria. E este é só un exemplo, seguro que vós coñecedes moitos máis!

No hay comentarios: