8 mar. 2017

OBRADOIROS DE ROBOESTÉTICA

Os nenos e nenas de Infantil foron os encargados de elaborar os diferentes disfraces dos Escornabots.
A aula de 3 anos aportou sete disfraces. Cada neno e nena de 3 anos foi o responsable de montar as pezas dun só disfraz (pezas preparadas previamente pola mestra).
A temática dos deseños obtidos foi diversa, pois se tiveron en conta os gustos e preferencias dos nenos e nenas. Os disfraces de animais foron os que máis éxito tiveron entre o alumnado de 3 anos.
A aula de 4 anos, tamén se sumou a este obradoiro, e logo dunha posta en común na que os nenos e nenas da clase expoñeron as súas ideas e suxerencias, decidiron por unanimidade, crear un orixinal disfraz de bruxa.
Os nenos e nenas de 5 anos tamén quixeron participar neste obradoiro. Entre todos decidiron de qué ían disfrazar aos Escornabots. Logo puxeronse mans á obra.

O primeiro foi o de Puca, no que os nenos e nenas pegaron o sombreiro e rotularon a cara de Puca. E logo fixeron o disfraz de paiaso no cal os nenos e nenas rotularon e pintaron con sumo coidado.