Este ano o autor homenaxeado é CARLOS CASARES e na biblio temos unha exposición dalgúns dos seus libros, porque algúns andan de viaxe nas mochilas viaxeiras. Nas aulas estase a traballar á redor desta PRIMAVERA DAS LETRAS . Para isto teñen recursos no seguinte enlace da
No cole estamos a punto de mandar as PEZAS ÚNICAS ao MUNCYT ( Museo Nacional de Ciencia y Tecnología), para que poidan ser repartidas entre os visitantes do Museo na Semana das Letras Galegas. Este curso teñen por tema a robótica e a tecnoloxía, de acordo co proxecto anual de centro e por iso se envían a este Museo.
Son unhas únicas obras do noso alumnado, con poemas e debuxos, que se numeran e logo reparten polas Letras Galegas para espallar a nosa cultura polo mundo adiante.
Por si queredes saber máis desta actividade, podedes ir a páxina do blog e seguir a traxectoria desta fermosa iniciativa que o EDLG leva a cabo dende cursos atrás.
Aproveitade e ide visitar o MUNCYT, é unha oportunidade escepcional para gozar neste museo e de ser agasallado cunha PEZA ÚNICA!! Si fose así, non esquenzades de facernos chegar a noticia!!!
Por outra banda, dicir que onte todo o colexio, participou no CORRELINGUAS que se celebrou en Viveiro. Mentres os maiores fixemos a marcha, os de Infantil esperáronnos na Praza Maior gozando co bo facer de Ce Orquestra Pantasma.
No hay comentarios:
Publicar un comentario