O
mércores 26 de abril de 2017 os nenos e nenas de 3º,4º,5º e 6º,
fomos A Coruña. 5º e 6º ao chegar, participamos no concurso de
robótica organizado por IGACIENCIA. Pasámolo xenial e resolvemos
moitos desafíos; 3º e 4º foron a Casa das Ciencias e ao
Planetario,onde viron unha proxección.
Ao
acabar o concurso, paseamos por rúas antigas de A Coruña e tamén
estivemos en prazas moi fermosas da Cidade Herculina. Despois
xuntamonos cos compañeiros nun restaurante a comer, a comida estaba
riquísima!!!!
Ao
acabar visitamos o MAC (Museo de Arte Contemporánea), onde vimos
unha colección de obras do pintor Rubén Ramos Balsa chamada “El
doble de la mitad”.
Uns
días máis tarde, comunicáronnos que eramos finalistas do concurso
de robótica e por iso o día 4 de maio tivemos que volver á final
para desempatar con outros dous centros de Galicia, en concreto co
CPR Jesús Maestro de Ferrol e co IES Politécnico de Vigo dentro da
nosa categoría de 5º e 6º de de. Primaria e 1º de ESO. O grupo
que saíu elixido para a final quedou facendo os desafíos na
Fundación Barrié de la Maza, mentres que o resto dos compañeiros
fomos ao MUNCYT (Museo Nacional de Ciencia yTecnología).
O
MUNCYT ten 9 salas,nunha delas había uns robots que nos explicaron
varios artefactos, noutra estivemos dentro dun avión e sentámonos
en primeira clase, tamén estivemos na cabina do avión.
Despois
asistimos á entrega de premios do concurso de robótica para
acompañar aos nosos compañeiros e ao acabar, subimos ao Monte San
Pedro onde comemos e xogamos antes de regresar a Cervo.
Despois
desta experiencia tan gratificante, quedamos con moitas ganas de
seguir practicando e aprendendo cos robots, sobre todo porque foms¡os de novo seleccionados para continuar desenvolvendo dende a Biblioteca o Proxecto Escornabots, durante o curso 2017-2018, que pretende acercar o mundo da robótica e a linguaxe de programación aos máis pequenos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario