4 oct 2017

BENVIDOS AO NOVO CURSO 2017-2018



Aínda que non escribimos nada no blog, o Equipo da biblio xa leva un tempiño preparando todo de comezo de curso e non digamos PUCA, que xa nos mandou a carta coa proposta de actividades do mes de setembro e de outubro; así que despois de darvos a benvida ao novo curso escolar, imos xa coas novidades que temos e ler a carta de PUCA, por que ela explícase moi ben!!




Como podedes ver temos un novo proxecto anual que se titula
             “CERVO ALÉN DE EUROPA: UNITED THROUGH CREATIVITY”
Veredes que estamos moi europeos, porque este curso  iniciamos unha nova aventura xa que se nos  concedeu un proxecto ERASMUS + e a biblioteca, como eixe dinamizador do colexio, vai estar moi presente e coordenada coas  actividades do  Erasmus. 
Este é o cartaz do novo proxecto:



Si léstedes con atención a carta de PUCA veredes que a biblioteca abrirá o luns día 9 de outubro. Ese día van iniciar o percorrido as mochilas viaxeiras, levaremos as caixas dos itinerarios lectores para as aulas, os pasaportes de cine,...
E este é o cartaz das Bibliotecas Escolares de Galicia para o actual curso, co lema:


APRENDE A PENSAR COA BIBLIOTECA ESCOLAR


 Como podedes ver, imos ter un curso moi , pero que moi movido, así que...

 EMPEZAMOS!!!!

No hay comentarios: