20 oct. 2017

XORNADA DE PORTAS ABERTAS: FESTA EN BIBLIOCERVO!

O día 9 de outubro foi a inauguración da nosa biblio e aproveitamos para facer unha festa por todo o alto.
Todo o alumnado e o profesorado xuntámonos na biblioteca para saúdar un ano máis, a Puca e darlle a benvida despois das longas vacacións de verán. Ela, que estaba impaciente por ver a todos os lectores e lectoras que hai no noso cole, xa nos avisara desta xornada a través do correo e a verdade é que non nos decepcionou nadiña!!
Tíñanos preparadas un montón de cousas: as mochilas viaxeiras, as mochilas escornabóticas, o pasaporte lector e de cine, os itinerarios lectores...
Explicounos as normas de uso, os horarios, a Hora de Ler... e convidounos a gozar da lectura, en todas as súas formas e a experimentar con todas as linguaxes, facendo especial fincapé no uso da biblioteca como recurso imprescindible co que aprender a pensar.
Recordounos tamén que os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria son os seus AXUDANTES e poderannos aconsellar na busca de recursos sempre que o desexemos.
Tamén aproveitamos esta sesión para organizar os horarios das sesións de FORMACIÓN DE USUARIOS, que este ano decidimos enfocar hacia a Alfabetización Mediática e Informacional, para ensinarlle ao noso alumnado como realizar unha boa tarefa de investigación respectando os dereitos de uso das imaxes e o material que circula pola rede; entre outros aspectos, dependendo da idade do alumnado.
Como broche final a tantas novidades os axudantes de Puca cantáronnos a súa canción, para dala a coñecer aos nenos e nenas de tres aniños, para os que esta experiencia foi toda unha aventura envolta pola maxia dos libros.




No hay comentarios: