31 ene 2018

DÍA ESCOLAR DA PAZ E NON VIOLENCIA.

 Despois duns días practicando e facendo grullas, chegou o día de colgalas. Onte, 30 de xanerio, Día da Paz e Non Violencia, no recanto europeo e baixo o lema " UNIDOS NA DIVERSIDADE" as fermosas grullas que fixemos quedaron voando para axudar a cumplir o desexo de Sadako, unha nena  de Hirosima á cal non lle deu tempo de conseguir as mil grullas que a lenda xaponesa aconsella facer para que se cumpla un desexo do corazón!. 
Nós tampouco fixemos mil, pero aportamos un gran de area para que o desexo de PAZ se faga realidade en todo o mundo.


Ese día viñemos caracterizados de hippies, lembrando a ese movemento contra cultural xuvenil que comezou en Estados Unidos a mediados da década de 1960 e que favorecía a paz, o amor e a liberdade persoal.


Nas aulas leuse o tríptico que elaborou a biblioteca e logo o alumnado levouno para a casa. Aquí podedes velo e ver as recomendacións de lectura que se fan, algunhas delas podedes atopalas en 
BIBLIOCERVO.

No hay comentarios: