Onte, 21 de Setembro, conmemorouse o Día Mundial do Alzhéimer, e
dende o cole quixemos apoiar á Federación Alzhéimer Galicia,FAGAL, participando na proposta lanzada nas súas redes sociais.
Trátase
de unirse á súa comunidade dixital empregando o cancelo
#NonMeEsquecerei
incluíndo
algunha fotografía na que se sinalase de maneira destacada a data do Día.
E
así o fixemos, o alumnado de segundo de primaria realizou unha
fotografía sinalando no calendario da escola o 21 de setembro,
podedes velo no Twitter
Oficial do Colexio de Cervo:
@CEIP_de_CERVO
NÓS
NON NOS ESQUECEMOS! ... E TI?
No hay comentarios:
Publicar un comentario