BIBLIOCERVO está integrada no programa BIBLIOTECA CREATIVA, da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, por iso a coordinadora do programa asistiu o venres 19 a unha xornada formativa relacionada cos contidos do programa: impresión 3D, espazo maker, escornabots etc.
No transcurso desta intensa xornada tivemos a grata sopresa de ver as nosas mochilas escornabóticas como exempo de traballo cos escornabots. Estamos desexando que a nosa coordinadora nos conte as novas que aprendeu!!
E tan creativos somos, que ademais participamos na SEMANA EUROPEA DA PROGRAMACIÓN, da EU, EUROPA CODE WEEK, que se leva a cabo do 6 ao 21 de outubro. Esta iniciativa ten como obxectivo acercar a programación e o alfabetismo dixital dun xeito divertido e interesante.
O noso colexio participou con catro eventos relacionados coa práctica dos escornabots: MONTAJE DE ESCORNABOTS, ESCORN-ARTE NA EN LA MARÑA LUCENSE, YO LEO CON LOS ESCORNABOTS Y PRACTICANDO LA EXPRESIÓN ORAL CON LOS ESCORNABOTS, que podedes ver no seguinte ENLACE.
No hay comentarios:
Publicar un comentario