21 oct 2018

O COLEXIO DE CERVO PREPARADO PARA A SEMANA ERASMUS +



Esta semana temos a visita dos nosos amigos europeos do ERASMUS +. O colexio está preparado para recibir aos nenos e nenas de Grecia, Lituania, Polonia, Portugal, Turquía e Romanía, que xunto coas súas profes, van a estar con nós esta semana.




Onte e hoxe foron chegando todos e, despois do gran recibImento que as familias acolledoras lles prepararon, descansan para comezar mañá  unha intensa semana de actividades de todo tipo: culturais, deportivas, imos ver unha obra de teatro en inglés, gravar unha canción, facer surf, visitar Santiago, bailar con Pesdelán...Mellor que consultedes a seguinte axenda !


No hay comentarios: