Nas aulas de Ed.Infantil e de Ed. Primaria celebrouse o Samaín con actividades moi variadas e facendo uso dos cadernos " Puca quere saber..." que vos mostrabamos en anteriores entradas. Así, nas imaxes podedes ver como uns baleiraron cabazas, outros traballaron o conto dos Bolechas van a festa dos Calacús, investigaron como se celebra este día noutros lugares do mundo, sobre os símbolos celtas, fixéronse rimas de medo e unha versión moi especial da canción HALLOWEEN dos Themisfits que podedes escoitar neste enlace do Twitter do Colexio de Cervo.
Ah, esquecíame contarvos que houbo moitos disfraces de MEDOOO!
No hay comentarios:
Publicar un comentario