Levamos
varios anos participando na celebración do Día da Ciencia en galego
en colaboración con IGACIENCIA, pero como non nos chega un día para
traballar e experimentar neste eido, dedicamos todo o mes de novembro
á ciencia e nos meses temáticos, novembro é para nós o MES DA
CIENCIA. Tamén dicir que dende fai varios cursos estamos a traballar
na filosofía MAKER a través de sinxelos proxectos, seguindo os seus
principios de " fágao- vostede- mesmo". O movemento maker
ou a cultura do facer, engloba ás persoas que deciden facer no canto
de comprar, reciclar ou reutilizar no canto de tirar, e que moitas
veces, seguindo os valores da ética hacker, buscan reapropiarse da
tecnoloxía.
Por outra banda,e tamén nos últimos cursos, iniciámonos nun proxectoeducativo STEM grazas ao cal, o alumnado de 5º curso de Primaria participou recentemente nunha Semana STEM en Santiago de Compostela e os de 6º están esta semana aló, aprendendo e facendo un montón de proxectos e actividades.
Dicir que STEM é o acrónimo e inglés dos nomes de catro materias ou disciplinas académicas: Science, Technology, Engineering e Mathematics, que no noso sistema educativo corresponderían a Ciencias Naturais, Tecnoloxía e MAtemática. As iniciativas oi proxectos educativos englobados baixo esta denominación pretenden aproveitar as similitudes e puntos en común destas catro materias para desenvolver un enfoque interdisciplinario do proceso de ensino e aprendizaxe, incorporando contextos e situacións da vida cotiá e utilizando todas as ferramentas tecnolóxicas necesarias.
Dado o noso interese sobre o tema, cada clase vai preparar uns proxectos para presentárllelos aos compañeiros na biblioteca o día 30 deste mes e, para axudarlles a tomar ideas, buscamos na web algúnha páxina de onde poden sacar ideas.
Puca agarda con impaciencia a posta en común para ver que argallan os nosos nenos e nenas!
RECURSOS DE
INTERESE PARA ELABORAR O
PEQUENO PROXECTO TECNOLÓXICO-MATEMÁTICO:
CÚPULAS XEODÉSICAS CON PALLIÑAS E ENCADERNADORES.
No hay comentarios:
Publicar un comentario