Na sesión de apertura de BIBLIOCERVO, a mascota PUCA entregou, cada cada comezo de curso, as caixas cos itinerarios lectores, os pasaportes lectores e de cine, os carnés aos novos lectores e lectoras, e...a súa chapa a todos aqueles que aínda non a tiñan. Tamén nomeou axudantes para os recreos, as nenas e nenos de 5º e 6º, que por quendas, estarán na biblioteca para axudar a facer o préstamo, repartir os libros e pelis polas aulas e todas cantas tarefas se lles encomenden relacionadas coa biblioteca.
Puca e o seu equipo traballou moito para ternos todo este material preparado!
No hay comentarios:
Publicar un comentario