10 ene 2019

PREMIO NO V CONCURSO DO TRABALLO POR PROXECTOS COORDINADO POLA BIBLIOTECA!




Rematamos o trimestre cunha moi boa nova. Na Resolución do V Concurso do Traballo por Proxectos baixo a coordinación (ou coa participación) da biblioteca escolar, en centros públicos saímos premiados!
O noso proxecto titulábase CERVO ALÉN DE EUROPA e optou ao premio de " Proxectos documentais integrados, coordinados pola biblioteca escolar". Foi realizado en coordinación co Proxecto Erasmus +, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e nel participou todo o centro. Podedes acceder a el no blog, premendo na súa imaxen que atoparedes ao lado dereito.
Estamos moi contentos por haber recibido este premio!



No hay comentarios: