24 feb 2019

AS LINGUAS DE ROSALÍA.



Para lembrar a Rosalía de Castro no seu día, 24 de Febreiro, o EDLG xunto co Equipo da Biblioteca propuxo a realización dunha actividade colaborativa con varios Centros  de Ensino que consistía en gravar un vídeo do poema "Has de Cantar", recollido no libro Cantares Gallegos , de Rosalía de Castro.




Pretendíase universalizar a obra de Rosalía, facendo que se escoite en moitas linguas e iso é posible grazas as persoas   doutros países que temos nos coles e polo noso entorno que coñecen  e empregan  a lingua galega.

As nenas e nenos de Cervo gravaron un vídeo coas recitacións do poema en galego, que se complementou coas achegas noutras linguas. Da colaboración de todos saíu este traballo tan fermoso, do que Rosalía de Castro, de seguro estaría moi orgullosa!!
Ademais destes centros escolares, contamos coa participación doutras persoas: traballadores do porto de Burela, mestres de universidade, auxiliares de conversa...A todos eles lles queremos agradecer a súa colaboración, sin a cal non sería posible este vídeo!
MOITAS GRAZAS A TODOS!


No hay comentarios: