Mañá, día 27 de marzo, é o DÍA MUNDIAL DO TEATRO e posto que este xénero literario foi o elixido para traballar este curso dentro do Proxecto Documental Integrado do Centro, na biblioteca imos ter moitas actividades relacionadas co TEATRO.
Por unha banda vaise presentar o DICIONARIO TEATRAL PURO TEATRO elaborado en colaboración coas familias que foron as encargadas de buscar a información sobre un termo teatral e realizar a ilustración do mesmo. Por outra banda visualizarase un vídeo con recomendacións teatrais a cargo de persoas relacionadas co mundo do teatro e, para rematar...en abril teremos o
CICLO TEATRAL DO PEDROUZO I
cuio programa podedes consultar ao comezo desta entrada. Que ben o imos pasar!
No hay comentarios:
Publicar un comentario