Como xa ven sendo habitual, celebramos este día especial cos apadriñamentos lectores, no patio, unha mañá solleira na que apetecía buscar un recunchiño para compartir lecturas. Os sitios elixidos foron moi variados: o campo, a cesta do patio, as escaleiras do tobogán, a sombra dun carballo...calquera sitio é bo para ler e gozar da lectura! Un ano máis nos asombramos do fermosa que resulta esta actividade!
No hay comentarios:
Publicar un comentario