De volta das vacacións de Semana Santa, o martes 23 de abril, celebraremos o Día do Libro cos APADRIÑAMENTOS LECTORES e coa visita da Directora da Escola de Arte Dramático de Santiago de Compostela.
Estamos seguros que as madriñas e padriños, practicaron moito a lectura durante estas vacacións para compartir un grato momento cos seus afillados e afilladas.
Estamos desexando volver ao cole para repetir imaxes coma as anteriores, pero mentres podemos ir lendo o díptico que dende a Asesoría das Bibliotecas Escolares nos achegan para celebrar esta data. Este ano contén un fermoso poema da escritora Marilar Aleixandre sobre o libro e a lectura.
Adiantámosvos que o vindeiro 24 de abril estará con nós Ledicia Costas, autora entre outros, do libro A Señorita Bubble, Premio Infantil na Gala do Libro Galego que está incluído no PLA de 5º e 6º cursoe o 29 teremos a visita de Iago López, contacontos de O cociñeiro Martiño e as cenorias desaparecidas, do PLA de Ed. Infantil.
Bo regreso ao cole!

No hay comentarios:
Publicar un comentario