2 may 2019

CICLO TEATRAL DO PEDROUZO II

Estamos chegando ao remate do curso e do gran proxecto que realizamos durante el, que como xa sabedes a estas alturas, estivo relacionado co xénero teatral e no que colaborou o Equipo Erasmus+, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e todo o profesorado e alumnado do centro,  coordinado pola biblioteca. 
Como colofón a todo este traballo, queremos anunciarvos  o programa do CICLO TEATRAL DO PEDROUZO II que terá lugar do 6 ao 23 de maio, segundo o programa que se adxunta e ao que estades convidados a asistir para gozar do estupendo traballo destes grandes artistas do colexio de Cervo. 
Si o pasástedes ben coa magnífica posta en escena do teatro de sombras que estrearon o mes pasado, non deixedes de asistir ás seguintes representacións teatrais. É o momento de mostrar á Comunidade Educativa todo  o aprendido ao longo do curso, non vos van defraudar!

No hay comentarios: