6 jun. 2019

A NOSA PUCA XA TEN 12 ANOS!!

A nosa mascota, PUCA, estivo recentemente de aniversario e cumpriu nada menos que 12 anos! Parece que aínda foi onte cando Rebeca Villapol e Xan Caldeiro, antigos alumnos do cole, crearan a PUCA. Rebeca fora finalista do concurso de deseño da mascota e Xan da súa biografía.Dende esa, cada ano celebramos que PUCA está entre nós, animándonos e motivándonos con moitísimas propostas de actividades e adicámoslle unha festa por todo o alto.
Este ano non íamos ser menos, posto que tivemos unha representación teatral " a ÁRBORE DOS DESEXOS",  a cargo da Asociación do Enfermo Mental de A Mariña, a entrega de diplomas a os devoradores de libros, cantámoslle a súa canción  e as nenas e nenos de tres anos sopraron as velas da súa torta, que logo degustamos todos. 
PARABÉN, PUCA!! Desexamos que sigas moitos máis anos con nós!!



No hay comentarios: