7 jun. 2019

AS DEVORADORAS E DEVORADORES DE LIBROS.CURSO 2019





O día do  aniversario de Puca fíxose entrega dos diplomas aos devoradores e devoradoras de libros, que son as nenas e nenos de Ed. Primaria que máis libros tiveron en empréstito durante o curso. Para saber cales foron, consultamos  o programa Meiga, no que xestionamos os fondos da biblioteca. Este ano os devoradores foron Iria de 1º curso, Mateo de 2º, Celia de 3º, Uxía de 4º, Fátima de 5º e Candela de 6º.
Pero Puca tamén quixo agradecer ao alumnado de Ed. Infantil que  a visitaran na biblioteca e que levasen moitos contos dela. Así que agasallou a cada aula cun diploma que recolleu o encargado dese día.

A todos eles, parabéns e que sigan lendo moito!!

No hay comentarios: