BIBLIOCERVO.2: O NOSO LABORATORIO CREATIVO DE METAAPRENDIZAXE
E tal e como se recolle nas liñas prioritarias do PLAMBE XV para este curso, os grandes temas sobre os que vai xirar o proxecto interdisciplinar anual e que se atopa directamente relacionado co resto dos proxectos do centro, especialmente Bibliotecas Creativas, o de Voz Natura e o de EDLG, nun principio; serán:
1. Respecto ao medio ambiente en busca dun planeta máis sostible libre de plásticos.
2. Reciclaxe, redución e reutilización. “Upcycling” como forma de economización de recursos.
3. Método científico, a experimentación e a filosofía STEAM como metodoloxías de traballo activas, participativas, contextualizadas e inclusivas e como campos do coñecemento sobre os que profundar: Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería, Arte e Matemáticas (ABN).
4. A biblioteca como laboratorio creativo de metaaprendizaxe, establecendo relacións entre a Ciencia e a preservación do noso planeta a través da organización final dunha feira Ecocientífica do Pedrouzo.
5. Linguaxes de programación (MindStorm, Scratch e Arduino), diseño 3 D (TInkerCad) e robótica (Lego, Escornabots…) integradas no currículo.
6. Achegamento ao concepto de “LandArt”, proposto por Robert Smithson e que se considera unha corrente da arte contemporánea que emprega a natureza como material (madeira, terra, pedras, rochas, área, vento, lume, auga…) para crear obras artísticas.
7. Preservación da nosa cultura e tradicións, así como potenciación do uso da Lingua Galega.
Ilusión e ganas de traballar non faltan, así que con moita paciencia e colaboración de todos, imos adiante cun curso un tanto especial, pero merece a pena o esforzo cando se trata de mellorar!
Podedes seguirnos tamén, nas Redes Sociais, en TWITTER https://twitter.com/ceip_de_cervo?lang=gl
Ánimo e atentos que PUCA xa ten a súa primeira carta escrita!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario