18 oct 2019

50 ANIVERSARIO DO MUSEO DO MAR DE SAN CIBRAO

No Concello de Cervo temos o MUSEO DO MAR, concretamente en San Cibrao e este ano está de aniversario, cumpre 50 anos! Con este motivo organizáronse diferentes actividades pala a celebración e fomos invitados a algunha. O venres da semana pasada, os cursos de 3º e 4º fixemos unha visita ao Museo, onde nos explicaron as diferentes salas e logo deixamos a nosa pegada nunha obra da artista Violeta Bernardo. 
Damos as gracias á rede de museos da provincia de Lugo por contar con nós para este acto!

No hay comentarios: