10 oct 2019

BIBLIOTECA ESCOLAR VIVEIRO DE CIDADANÍA

 O lema das BIBLIOTECAS ESCOLARES para este curso é
"Biblioteca escolar, viveiro de cidadanía".

Óscar Villán é o ilustrador que fixo esta  fermosa interpretación do lema, aportándonos imaxes das diversas situacións que unha biblioteca escolar nos pode ofrecer segundo como se organicen os tempos, se enfoquen as actividades, se seleccionen os recursos...Pode facilitar a lectura creativa, a crítica, a reflexión, o acceso ao coñecemento,  a investigación, aprender a convivir cos iguais...Competencias e valores moi necesarios para que as nosas nenos e nenas medren como cidadáns fortes, capaces de superar os retos futuros.
Pola nosa parte, estamos preparando todo para que o día 24 deste mes, o Día das Bibliotecas, o alumnado poida levar ás clases as mochilas viaxeiras, a caixa dos itinerarios lectores, os pasaportes, etc.
Para as familias repartirase un tríptico informativo coas liñas xerais do proxecto anual.
Xa estamos desexando que chegue o día!!

No hay comentarios: