A pesares de non poder utilizar o espazo da biblioteca por estarmos de obras, non deixamos de celebrar o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES. E canto nos tardaba! Foi a primeira xuntanza do curso e fixémola no patio interior, coa presenza da nosa querida mascota PUCA que xa se vestiu de forma apropiada para traballar no PDI deste curso, de científica!!
Nesta xuntanza fíxose entrega dos carnes da biblioteca aos novos lectores, as nenas e nenos que se matricularon por primeira vez no colexio. Tamén se entregaron as identificacións ao alumnado AXUDANTE DE PUCA, que son os de 5º e 6º curso. Nas caixas dos itinerarios lectores de cada clase ían os libros de lectura, os pasaportes lectores, os pasaportes de ciencia, o folleto informativo para as familias polo Día das Bibliotecas e os diplomas por ter participado na Semana Europea da Programación ou Code Week. Dentro das caixas tamén ían as chapas novas de Puca e as súas axudantes tiñan as mochilas viaxeiras e as escornabóticas listas para que comenzen a rular.
Como era un día especial, o alumnado de 5º e 6º fixo unha fermosa interpretación do conto de Laura Gallego. Para rematar, cantamos a canción de Puca e voltamos para as aulas desexosos de abrir e ver todo o que levabamos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario