Queremos mostravos os traballos que estamos a facer de cara ao 25 de novembro,
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Durante esta semana organizámonos para realizar entre todos un lazo colaborativo e unha actividade baixo o cancelo #equaliter, co que participamos nun vídeo colaborativo que organiza o CEIP Aquilino Iglesias de Abadín, coma o curso anterior.
Ademais, actualizamos os nosos fondos bibliográficos con esta temática. A continuación podedes ver algunhas das novas adquisicións.
Na posta en común do luns 25, o alumnado de 5º e 6º de primaria, axudantes de Puca, lerán un manifesto a prol dos dereitos da muller e rexeitando toda VIOLENCIA DE XÉNERO. Explicarannos a todas e todos o reto nº 5 da Axenda 2030 da ONU que pretende o desenvolvemento sostible do noso planeta, máis xusto e máis igualitario.
No hay comentarios:
Publicar un comentario