Este é o cartel de IGACIENCIA, onde se fai referencia aos homenaxeados deste NOVEMBRO 2019, Dmitri Mendeléiv e Luís Liz Marzán. O EDLG e en colaboración coa biblioteca, farase a proposta dun traballo de Alfabetización Informacional sobre o Método Científico e a Táboa Periódica. Recordamos que este ano é o ano da química e que xa temos os Pasaportes Científicos, onde iremos apuntando os experimentos que fagamos nas clases.
Tamén vos quería comentar que no blog das Bibliotecas Escolares de Galicia temos moitos recursos para traballar neste mes de NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO! Eu apórtovos como o MANIFESTO da científica microbióloga Alicia Estévez.
Puca infórmanos da existencia dunha TÁBOA PERIÓDICA DE CIENTÍFICAS para que nos animemos a investigar sobre unha delas e logo poder facer a posta en común con todo o cole, o 29 deste mes.
Intentaremos organizar uns ROTEIROS STEAM coa axuda o Equipo de Actividades Extra Escolares. Enviáronse ás familias cartas invitándoas a vir contarnos en que consiste a súa profesión, algunha curiosidade sobre ela e incluso, se se animan, a facer algún traballo práctico ou
experimento con nós.
Os maiores do cole teñen unha última proposta, que investiguen sobre algunha científica galega, que se poñan en contacto con ela invitándoa a virnos explicar en que consiste a rama científica na que traballa.
Para axudarnos, o Equipo de Biblioteca e o EDLG elaboraron un PUCA QUERE SABER SOBRE A QUÍMICA con preguntas que debemos responder lendo ben a información que se nos da. Tamén hai algún reto un pouquiño máis difícil, pero que de seguro resolveremos entre todos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario