4 nov 2019

OUTUBRO, MES DO MEDO E DA CULTURA GALEGA: A SIMBOLOXÍA NA NATUREZA.




Durante o mes de outubro estivemos afondando no coñecemento da nosa cultura galega e mais en concreto, na SIMBOLOXÍA NA NATUREZA. Cada curso elixiu un tema dos que Puca nos propuxo na carta: o culto ás árbores, o culto ao sol, os símbolos celtas, a influencia e o poder da lúa, o culto aos astros, os milladoiros, as herbas máxicas...Despois de informarnos a través dos , de elixir e tratar a información, de plasmala nun produto final...chegou o momento de poñela en común e ese momento foi o mércores 30. Cada curso de Ed. Infantil e Primaria mostrou  o seu produto final aos demais e todos aprendemos moitísimo uns dos outros.
Os traballos realizados están expostos na entrada do colexio para que todos poidades admiralos. Aquí mostramos algúns.




No hay comentarios: