Onte desprazámonos ata a Coruña para participar no X CONCURSO A MAXIA DA ROBÓTICA, convocado por IGACIENCIA. O alumnado de 5º e 6º, nun total de 33 alumnos e alumnas, participaron en grupos mixtos na categoría de Ed. Primaria- 1º de ESO. Mañá é o último día do concurso e poderemos coñecer xa os resultados definitivos; de momento, os provisionais son os seguintes que se poden consultar na páxina de IGACIENCIA:
Primaria-1º de ESO.-CPI Atios de Valdoviño (premio ou mención especial*), IES Castro da Uz de As Pontes e CEIP de Cervo-IES Rafael de Puga da Coruña.
Independentemente do posto no que quedemos clasificados, temos que dicir que o alumnado disfrutou moito participando nesta actividade. Foi unha experiencia moi importante para eles participar e compartir experiencias con rapaces e rapazas maiores ca eles e comprobar que podían superar os retos establecidos.
Parabéns ao noso alumnado pola súa actuación e polo seu bo comportamento!
No hay comentarios:
Publicar un comentario