3 dic 2019

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE



O 3 de decembro foi declarado  Día Internacional das Persoas con Discapacidade no ano 1992 pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas, co obxectivo de promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade e concienciar da súa situación en todos os aspectos da vida, tanto política, como social e cultural.
No colexio imos facer unhas actividades que a  mascota Puca nos propuxo. Trátase de realizar uns xogos simulando unha discapacidade visual, motora , auditiva...desprazarse cos ollos vendados, cos pes atados...Cando se finalice esta proba, a titora ou titor entregará unha peza do crebacabezas que estará situado no patio interior.
Con esta actividade tratamos de sensibilizar á comunidade educativa de que todos e todas temos distintas capacidades.








No hay comentarios: