Os Bolechas e os seus amigos e amigos da escola visitaron ALCOA, unha fábrica moi grande de aluminio e aluminia que está na Mariña Lucense, nos concellos de Cervo e Xove.
Percorreron as súas instalacións nun bus e viron que había moitas mulleres traballando na fábrica: operadoras na planta de precipitación, na planta de vapor, químicas de laboratorio, operadoras de fundición, enxeñeiras, técnicas de seguridade, de Medio Ambiente...e resulta que a xefa de planta de Alúmina é unha muller!! Os Bolechas e os seus compañeiros de visita déronse conta que tanto as mulleres coma os homes poden traballar no que lles guste, sin diferencia algunha! E como aprenderon tanto con esta visita, decidiron vir ao cole de Cervo a traernos un libro onde nos contan a Visita a Alcoa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario