20 feb 2020

GALLETAS DE AMOR CON POEMAS DE ROSALÍA DE CASTRO



O alumnado de 1° e 2° de EP en colaboración coa profe de Arts e as cociñeiras,  estivo elaborando as galletas do amor. Previamente tivo que aprender diferentes contidos sobre o  peso e diñeiro para poder elaborar a receita. Así mesmo, o venres levarán para a casa unhas galletas cun envoltorio elaborado en Arts e unha estrofa dun poema de Rosalía de Castro para agasallar a quen elixan. Deste xeito contribuimos ao mes do amor e Rosalía de Castro dunha forma lúdica e saborosa.


No hay comentarios: