Antes de que nos vísemos obrigados a suspender as clases no cole por esta situación tan especial que estamos a vivir a causa da pandemia do coronavirus, o noso alumnado pasábao así de ben realizando as actividades doProxecto Digicraft. As últimas foron moi divertidas, convertéronse en detectives privados averiguar a que personaxes correspondía a información que atopaban nas diferentes redes sociais, coa actividade chamada " E que si cho conto todo!".
Outra que lles gustou moito foi a de crear un "Labirinto sonoro" con lápices e papel que conectaron á tablet para recorrelo a cegas, coas indicacións dos compañeiros do equipo. Cando tocaban algunha parede do labirinto, producíase un son para indicar que había que volver a empezar.
Estamos desexando volver a retomar estas actividades tan divertidas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario