15 abr 2020

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA TEMPO DE CORENTENA

Ola amig@s! Neste tempo que non podemos ir á biblioteca coller libros para ler, dende o Equipo de Bibliocervo queremod facer unhas recomendacións lectoras para que poidades seguir lendo estes días de encerro. Cada semana, mais ou menos, faremos unha recomendación. A desta trátase de...



Camila é unha pequena cebra que xa non quere levar  a súa roupa, xa non é pequena, quere espirse e rodar polos campos gozando do mundo. Sen facer caso dos consellos da súa nai, Camila segue o seu instinto, pero "o vento bandido" lévalle 7 raias da súa pel. Aos poucos a cebra Camila vai atopando a raias perdidas grazas á axuda dos animais que atopará no seu camiño de volta a casa.
Este é un conto da Ed. Kalandraka que Puca ten na nosa biblioteca para nenas e nenos de Infantil e 1º ciclo de Primaria. Recordade etiqueta vermella!!!
Boa aventura lectores!!!
Estas son as actividades que se vos propoñen para facer en familia:

No hay comentarios: