26 sept 2020

 DÍA EUROPEO DAS LINGUAS

26 DE SETEMBRO DE 2020

O día 26 de setembro, como cada ano, conmemórase o DÍA EUROPEO DAS LINGUAS e queremos convidarvos a que, durante esta semana, investiguedes un pouco arredor desta data tan especial, a través da cal podemos contribuír a promover a riqueza da diversidade lingüística e cultural de Europa. 

RECURSOS E FONTE DE INFORMACIÓN

É unha gran oportunidade para valorar a riqueza lingüística da nosa sociedade e recordar que O GALEGO É O NOSO! 

Pinchade no seguinte documento e atoparedes información e enlaces de interese para aprender xogando! 

 

Ademais queremos mostrarvos un fantástico traballo que fixeron estes días as nenas e nenos de 4º de Primaria en relación con esta temática. Crearon un PADLET onde recollen diferentes formas de saludar segundo o país e as súas linguas. ANIMÁDESVOS A FACER O VOSO? 

 https://padlet.com/aulacacatua20/Bookmarks

 

Tamén vos deixamos aquí un marcapáxinas moi especial por si queredes empregalo nas vosas lecturas! 

 

 

 Se tedes algún traballiño podedes enviarllo a Puca ao correo bibliocervo.2@gmail.com e publicarémolo no blog!

 

No hay comentarios: