12 oct 2020

PARTICIPA NA SEMANA EUROPEA DA PROGRAMACIÓN

Dende o 10 ata o 25 de outubro podemos participar na CODEWEEK EU, é dicir, na SEMANA EUROPEA DA PROGRAMACIÓN. Trátase dunha iniciativa que pretende achegar as linguaxes de programación e a alfabetización dixital á sociedade dun xeito divertido e interesante. 

Como recordaredes, xa temos participado noutras ocasións e podemos asegurar que este ano tamén temos intención de colocar o COLEXIO DE CERVO no MAPA EUROPEO DA PROGRAMACIÓN. Estades preparados e preparadas? 

 

 

Para recordar como facelo só tedes que premer na seguinte ligazón e PUCA explicaravos paso a paso como inscribirvos e tamén vos ofrecerá IDEAS e recursos sobre como desenvolver as actividades. 

 

 

 

 

 

 

No hay comentarios: