24 nov 2020

ANO INTERNACIONAL DA SAÚDE: POSTA EN COMÚN DO MES DA CIENCIA E GALEGO

 

Ola, amigas e amigos! Sei que, ao longo deste mes, estades a traballar arreo para preparar os vosos proxectos maker e de investigación sobre a temática proposta:  A SAÚDE!  ESTOU DESEXANDO VELOS E QUE ME CONTEDES AS VOSAS PESQUISAS!

Como sabedes, este ano resulta imposible xuntarnos tod@s na biblioteca e temos que “idear” novas maneiras de facer as POSTAS EN COMÚN das nosas producións. Para facilitarvos este proceso e que tod@s teñades a oportunidade de descubrir as averiguacións dos demais, aquí vos deixo un PADLET COLABORATIVO. Nel podedes incorporar todos os traballos, vídeos, presentacións, fotos, ligazóns... que precisedes coa axuda do voso Titor ou Titora.

Ademais, o día 30 de NOVEMBRO faremos VIDEOXUNTANZAS INTERNIVEL para APRENDER XUNT@S. Que ilusión, non si?


No hay comentarios: