1 nov 2020

RETOS DE NOVEMBRO: MES DA CIENCIA EN GALEGO

 

Como todos os cursos e chegando o mes de novembro estamos a piques de embarcarnos nunha nova aventuraO MES DA CIENCIA EN GALEGO. 

Dende o blog das Bibliotecas Escolares de Galicia achégannos multitude de recursos para esta tempada, como un manifesto de Xurxo Mariño, no que destaca que este mes "... é unha oportunidade estupenda para deixarse enfeitizar pola maxia dos libros e do coñecemento que atesouran." 

 Ademais tamén tedes un FOLLETO INFORMATIVO E moitos MATERIAIS á vosa disposición. Mirade todo con moita atención! 

Son varios os retos que vos propuxen na carta para este mes, pero principalmente, anímovos a que continuedes achegándovos ao movemento maker, baixo a premisa de… FAINO TI MESM@!

Trátase de que construades, deseñedes e creedes VÓS MESM@S un pequeno aparello ou proxecto de investigación con fundamentos científicos-tecnolóxicos analizando a utilidade que lle pretendedes, os materiais que precisades, o proceso e o seu funcionamento. E logo… explicarllo aos demais nunha POSTA EN COMÚN VIRTUAL, o día 30 de novembro; que se levará a cabo, por quendas,  a través de videoxuntanzas internivel, ademais de colgar as vosas producións no blog. Que vos parece esta idea?

E CAL SERÁ A TEMÁTICA DO PROXECTO MAKER DESTE ANO?

Pois, atendendo a IGACIENCIA, este 2020 é o Ano Galego da Saúde. Polo tanto, os vosos proxectiños científicos poden atoparse relacionados con esta ampla temática!

Aquí vos deixo o CARTAZ deste ano e algúns outros recursos e ideas que poden sernos de utilidade para a investigación! Coñeces a Robert Koch e Ernesto Viéitez Cortizo?

 xi dia da ciencia

1.  QUEN É ERNESTO VIÉITEZ CORTIZO? 

    MÁIS INFORMACIÓN

 2. QUEN É ROBERT KOCH?

    MÁIS INFORMACIÓN 

3.  VACINOLOXÍA E ROBERT KOCH 

    MÁIS INFORMACIÓN 

 

A CONTINUACIÓN TEDES ALGÚNS VIDEOS E IDEAS QUE VOS PODEN SERVIR DE INSPIRACIÓN PARA DECIDIR SOBRE AS VOSAS FUTURAS CREACIÓNS! 

1. CREA UN SISTEMA RESPIRATORIO 

2. AVERIGUA SE TES UNS ÓSOS FORTES 

3. FAI O TEU PROPIO IOGUR SAUDABLE  

4. DESCUBRE O CICLO DA VIDA DOS SERES VIVOS.

5. INVESTIGA SOBRE AS VACINAS E AS ENFERMIDADES INFECCIOSAS. A TUBERCULOSE

6. PROMOVE UNHA BOA HIXIENE DE MANS. 

7. FAI UNHA MAQUETA DOS DIFERENTES APARELLOS OU DAS CÉLULAS E EXPLICA O SEU FUNCIONAMENTO. 

8. INVESTIGA SOBRE VIRUS E BACTERIAS

9. O MICROSCOPIO, QUE É, COMO FUNCIONA E PARA QUE SIRVE. 

10. O AIRE E OS SEUS COMPOÑENTES. COMO AFECTA A CONTAMINACIÓN Á SAÚDE.

11. O ADN. COMO É, PARA QUE SIRVE, ONDE SE ATOPA  E COMO SE EXTRAE. QUE SON OS ALIMENTOS TRANSXÉNICOS? OS CROMOSOMAS

12. INVESTIGA COMO AFECTA O  TABACO Á SAÚDE

13.  QUE É O GAS RADÓN, COMO SE MIDE E COMO AFECTA Á SAÚDE? 

14. AS PARTES DA ATMOSFERA, NECESARIA PARA A VIDA. 

15. O COVID-19 E A "GRIPE ESPAÑOLA"

16. CREA O TEU ECOSISTEMA. 

17. SECTOR SERVIZOS.  ÁMBITO SOCIOSANITARIO 

18. ALIMENTACIÓN SAUDABLE

19. FAI UN PULSÓMETRO  

20. A AUGA IMPRESCINDIBLE PARA A VIDA. 

22. INVESTIGA COMO É UN LABORATORIO, COMO SE TRABALLA NEL E QUE INSTRUMENTOS PRECISAN OS CIENTÍFICOS.

22. OUTRAS QUE SE VOS OCURRAN! EMPREGA A TECNOLOXÍA, A REALIDADE AUMENTADA, O DESEÑO 3D, A PROGRAMACIÓN, O MAKEY MAKEY ... E DEIXA VOAR A TÚA IMAXINACIÓN.


Recordade que tamén contades na EXPOSICIÓN TEMPORAL DOS MESES TEMÁTICOS con multitude de recursos sobre CIENCIA, que podedes levar en préstamo para as vosas casas! E ademais se estades interesados en consultar máis libros de ciencia, aquí tedes o PINTEREST DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA! 


 

No hay comentarios: