2 dic 2020

POSTA EN COMÚN DO MES DA CIENCIA EN GALEGO

 

 

Ola de novo, compañeir@s! 

Nesta entrada só vos quero dar a miña sincera NORABOA  a tod@s e cada un de vós polo esforzo realizado ao longo deste mes. Gustáronme moito todos os vosos proxectos de investigación, maquetas e experimentos polo ANO INTERNACIONAL DA SAÚDE e nas POSTAS EN COMÚNS VIRTUAIS vin de todo: PULSÓMETROS, PIRÁMIDES DOS ALIMENTOS, PRATOS SAUDABLES,  EXPERIMENTOS DE COMO AFECTA O TABACO E OUTRAS DROGAS AO CORPO, INVESTIGACIÓNS SOBRE O ADN, SOBRE OS LABORATORIOS, OS MICROSCOPIOS, A IMPORTANCIA DA AUGA PARA A SAÚDE, ENFERMIDADES INFECCIOSAS E MOITOS, MOITOS MÁIS! 

Todos impresionantes! Gustoume moito ver como APRENDIADES FACENDO, así é máis divertido, non si ?

Déixovos algún exemplo grafico, pero recordade que si visitades o PADLET COLABORATIVO teredes ocasión de velos TODIÑOS polo miúdo.  

 




 

NESTA TEMPADA TAMÉN QUIXEMOS SABER MÁIS SOBRE O CORONAVIRUS PARA PODER COMBATILO! 

E así tivemos a sorte de contar con Catalina, nai duns dos nosos compañeiros, que veu a compartir con nós unhas xornadas moi especiais a través das cales aprendimos máis sobre o COVID-19. Axudounos a analizar as similitudes e diferenzas con outras pandemias ao longo da historia, falounos das vacinas, ensinounos a escoller fontes información fiables sobre este tema, a saber que facer se enfermamos e sobre todo deunos unhas ideas moi claras sobre que podemos facer nós para intentar que o CORONAVIRUS QUEDE FÓRA DO COLE! 

Moitísimas grazas pola túa axuda, colaboración e por todo o que aprendimos!

 

 







 

 

No hay comentarios: