26 ene 2021

BIBLIOCERVO, UNHA BIBLIOTECA LIA.2: O NOSO CENTRO E O NOSO CORAZÓN

 

 Ola a tod@s, compañeir@s! Desculpade a espera, pero estivemos preparando este segundo trimestre e estivemos pouco activos no Blog! 

Hoxe queremos darvos a coñecer un video que nos fixo a Asesoría de Bibliotecas para dar mostra do noso traballo ao longo de todos estes anos. Un traballo que cada unha das alumnas,  alumnos,  mestras,  mestres e persoal non docente que pasou polo noso colexio fixeron dende o corazón e con moita ilusión, a prol duns obxectivos ben marcados no noso Proxecto Educativo de Centro e que configuran quenes somos e que queremos acadar.

Tal e como se menciona no blog das BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA "A biblioteca do CEIP de Cervo forma parte do Plan de mellora de bibliotecas escolares desde 2007, cunha actividade sempre moi importante, aberta a colaboracións e compromisos co entorno a través de proxectos propios e de proxectos compartidos coa "micro-rede da Mariña", un dos grupos de colaboración de bibliotecas escolares máis activos de toda a Rede de bibliotecas escolares de Galicia. Co paso dos anos a comunidade educativa do CEIP de Cervo foi construíndo unha cultura pedagóxica ben enraízada no seu medio e aberta  tamén ao mundo, participando, desde o facer da biblioteca, en programas de colaboración europeos. A través de distintas voces desta comunidade de aprendizaxe que pouco a pouco vai construíndose no CEIP de Cervo, arredor da súa biblioteca, podemos coñecer un dos proxectos educativos de maior interese nisto que chamamos as #bescolaresgal": Queremos mostrarvos a nosa gratitude posto que esto é produto dun esforzo conxunto que se levou a cabo ao longo de moitos anos e que esperemos siga manténdose no futuro.  ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!

1 comentario:

Óscar Rey dijo...

A biblioteca máis marabillosa que coñecemos sen dúbida! Noraboa!🤩👏