26 ene 2021

UNHA BIBLIOTECA E-TWINNING!

 

 
 Fai só unhas semanas que somos membros dun proxecto eTwinning titulado 'World Tales In Our Home'. Este proxecto terá un curso escolar de duración. Imos ler historias coñecidas ao redor do mundo, disfrutar da aventura de que nos ofrece un bo texto e pasar tempo de entretemento coas nosas familias a través da lectura e do pracer que esta proporciona.

O noso alumnado de sexto curso incorporouse a este proxecto traballando nas tarefas deseñadas a partir do mes de decembro. Polo que nos estreamos neste proxecto felicitando o ano novo aos outros colexios participantes.

Aquí unha mostra das preciosas postais que publicamos no espazo virtual do proxecto (Twinspace)


 
 

 


Á volta das vacacións incorporámonos con forza á vida escolar e tamén a este proxecto. Unha tarefa moi divertida que realizamos esta semana foi crear uns avatares e presentarnos aos nosos compañeiros. Aquí tedes o enlace para poder velos:  https://padlet.com/estherbasanta/p42umjke8rh0mev9

 

 

Hecho con Padlet




No hay comentarios: