(Universidade de Vigo)
11 DE FEBREIRO DE 2021
Este día foi declarado polas por primeira vez fai seis anos co obxectivo de darlle un pulo ao progreso na consecución da Axenda do Desenvolvemento 2030.
O tema elexido para este ano é: "MÁIS ALÁ DAS FRONTEIRAS: IGUALDADE NA CIENCIA PARA A SOCIEDADE", centrado especialmente no valor dos aspectos sociais e culturais na ciencia, tecnoloxía e innovación e na necesidade de promover a participación das mulleres e das nenas nestes ámbitos.
Como sabedes, dende o colexio temos unha responsabilidade moi importante na contribución a este obxectivo e por iso, dende hai anos, se veñen realizando actividades do eido STEAM en plena igualdade.
Para continuar no mesmo eido queremos sumarnos a unha iniciativa chamada "NO MORE MATILDAS" promovida pola Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas que pretende visibilizar o papel protagonista das mulleres na ciencia ao longo de toda a historia, partindo dunha gran reflexión: Que pasaría se Einstein tivera nacido muller? Ti que cres?
Que vos parece se abrimos un debate na clase?
Nesta páxina tedes múltiples recursos de interese, non dubidedes en consultala!
Ademáis na páxina das Bibliotecas Escolares de Galicia tamén atoparedes máis información de interese.
Finalmente deixámosvos unha foto da nosa exposición temática, para que vaiades pensando... que libro me apetece ler?
1 comentario:
👏👏👏👏👏🤩
Publicar un comentario