Nesta última semana tivemos unhas datas cuns significados moi especiais para nós, que non quixemos deixar de conmemorar dun xeito colaborativo con toda a nosa Comunidade Educativa.
Así, o 20 de marzo celebrábase o DÍA DA FELICIDADE e o 21 de marzo o DÍA MUNDIAL DO SÍNDROME DE DOWN.
Nos tempos que corren a FELICIDADE é un dos conceptos abstractos máis importantes para nós. Queremos que os nosos nenos e nenas veñan felices cada día ao colexio e para iso esforzámonos cada día. Nesta ocasión lanzamos unha campaña baixo o lema "PON UN SORRISO" na túa vida e a continuación podedes ver os resultados desta fermosa experiencia.
Ademais pola conmemoración do DÍA MUNDIAL DO SÍNDROME DE DOWN colaboramos coa campaña da Asociación Down de Galicia baixo o lema " TAN DIFERENTES COMO IGUAIS". Tedes máis información na seguinte entrada do blog do Departamento de Orientación. Ademais se nos seguides no twitter @CEIP_de_CERVO veredes como participou a comunidade nesta actividade. Aquí tedes algún exemplo: