18 abr 2021

DESTINO LUGO: TURISMO SOSTIBLE

 

Integrada no noso PROXECTO INTERDISCIPLINAR deste curso "COÑECEMOS A MARIÑA LUCENSE E OS TRABALLOS DA NOSA XENTE" participamos nunha actividade promovida pola DEPUTACIÓN DE LUGO co título de "DESTINO LUGO: TALLER ESCOLAR DE TURISMO". 

Esta iniciativa pretende favorecer o coñecemento do alumnado sobre a súa contorna e, ao mesmo tempo, permitir a promoción do turismo sostible.  Para dito obxectivo pártese da lectura dramatizada dun libro que se achegou a cada un dos alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º de Primaria. 



Pero, preguntaraste... que é o TURISMO SOSTIBLE

Dentro da ESTRATEXIA NACIONAL DE TURISMO SOSTIBLE 2030 intenta promoverse un tipo de turismo que prioriza a preservación dos valores naturais e culturais da nosa contorna, partindo da base de que a conservación do noso patrimonio cultural e natural é un obxectivo prioritario. Ademais este tipo de turismo vai encamiñado a propiciar un beneficio social intentando minimizar o problema da despoboación do medio rural. 

Deste xeito nós, durante todo este curso, estivemos facendo unha análise exhaustiva da MARIÑA LUCENSE, dos concellos que a conforman e da súa xente. Ademais afondamos no coñecemento do seu PATRIMONIO NATURAL, CULTURAL e ARTÍSTICO e queremos dalo a coñecer a toda a nosa COMUNIDADE ESCOLAR. Esto farémolo a través de varios medios, pero especialmente a partir do produto final deste proxecto que ten dúas vertentes:

    a. EDICIÓN DO XORNAL "NIN QUITO NIN POÑO", que se publica no mes de xuño e que conta cunha sección específica adicada aos ARTIGOS que conteñen as conclusións sacadas polo alumnado e escritos por el@s mesm@s, dende Infantil a Primaria. Estou segura de que tedes curiosidade e xa non podedes esperar por ver os resultados, así que aquí vos deixo un pequeniño avance...pero para ver todo ides ter que esperar un pouquiño!! PACIENCIA, amig@s; que o xornal pronto estará á vosa disposición! 







    b. GRAVACIÓN DUN PROGRAMA DE RADIO en "ONDA PUCA", A EMISORA DO COLEXIO DE CERVO, que se levará a cabo entre o mes de maio e xuño. 

Partindo do noso proceso de documentacion e despois do tratamento da información deseñamos cartaces promocionais con DESTINO a MARIÑA LUCENSE e o concello de CERVO. Aquí tedes algún exemplo do proceso e dos resultados finais:




















No hay comentarios: