Cada 2 de maio conmemoramos unha data que convén recordar, o “Día contra o Acoso Escolar ou Bullying”.
UNICEF define estos termos como aquelas condutas de persecución física e/ou psicolóxica que realiza unha persoa contra outra, no ámbito escolar, de forma negativa, continuada no tempo e intencionada.
Existe un tipo de acoso chamado ciberacoso ou ciberbullying, que se produce a través de internet. É moi perigoso e temos que estar moi atentos ante as diferentes sinais que observemos ao noso redor.
Para que profundedes máis sobre esta temática e entre todos e todas aprendamos como actuar ante situacións deste tipo así como a recoñecelas para tomar as medidas precisas; deixámosvos o seguinte interactivo e unhas poucas recomendacións lectoras que poderás atopar na biblioteca:
1 comentario:
👏👏👏👏👏👏👏👏👏💯
Publicar un comentario