No ano 2011 o Ilustre Colexio Oficial de Licenciados en Educación Física e Ciencias da Actividade Física e do Deporte (COLEF) promoveu por primeira vez unha xornada adiçada ao Día da Educación Física na RÚA. E dende ese momento, en cada convocatoria, o número de participantes non deixou de medrar. Somos máis Colexios cada ano os que queremos reivindicar o importante papel que xoga a área de Educación Física nos nosos colexios.
Na seguinte infografía, obtida da páxina web do COLEF ( https://www.consejo-colef.es/defc-home) tedes máis detallados os obxectivos que se perseguen con esta conmemoración.
No caso da Mariña Lucense sabemos que na unión reside a forza e por iso decidimos artellar os mecanismos precisos para que fora posible a colaboración de DOCE centros da nosa comarca! Todos xuntos saímos á rúa e puxemos en práctica deportes minoritarios na nosa sociedade e recollimos e difundimos todo o proceso a través dun NOTICIEIRO moi especial!!! Aquí o tedes, prestade moita atención a esta edición de “MARIÑA NOTICIAS”. Pincha na imaxe para ver o VÍDEO:
Tamén queremos compartir con vós algunha das fotos do que deu de si este fantástico día no que, respectando todas as medidas do protocolo COVID, fomos quen de divertirnos no parque de Cervo sacando a Educación Física á rúa.
Finalmente deixámosvos unhas fotos dos “Estudios Centrais de gravación” en Bibliocervo! Moitas Grazas a Dani e Uxía pola súa profesionalidade como presentadores!!
2 comentarios:
Estiveron xenial!!!!👏👏👏👏
Pasarono moi ben.
Divertido....
Publicar un comentario