17 abr 2021

ETWINNING NO MES DOS LIBROS

 Durante este mes o alumnado de 6º de Primaria estivo a desenvolver unha tarefa integrada nun eTwinning conxuntamente con varias escolas de Turquía e relacionado coa competencia lingüística, o fomento da lectura e vinculado directamente á área de Lingua Estranxeira. Os libros elixidos forman parte das grandes obras da literatura universal. 



Parafraseando á Asesoría de Bibliotecas “ Este curso as Xeografías Lectoras marcan o rumbo das nosas bibliotecas”. Tamén de Bibliocervo, e a través do proxecto eTwinning 'World Tales in our Home' o alumnado tivo a oportunidade de coñecer os marabillosos mundos de Julio Verne e crearon fermosas maquetas baseadas nos libros de “Cinco semanas en globo”  e “Da Terra á Lúa”. 







Tamén crearon uns CARTACES sobre as lecturas: 

Pero iso non foi todo, se non que despois foi a quenda de adentrarse no máxico mundo de Peter Pan e logo compartiron os seus traballos co resto das escolas turcas!!! Foi unha experiencia moi enriquecedora e quedamos con ganas de máis! 






E xa para finalizar a tarefa, entre tanta lectura de títulos clásicos, decidiron facer un alto e contarles aos seus novos compañeiros e compañeiras cousas sobre aquilo que lles gusta especialmente e os ten fascinados. 
Desta maneira experimentamos coa creatividade na expresión escrita. Premede na imaxe e poderedes ver todas as súas producións. 
Noraboa por tanto e tan bo traballo!! Vós si que me fascinades a min!! 




No hay comentarios: