Boas de novo, amig@s! Hoxe queremos mostrarvos algúns traballiños máis que se estiveron facendo dentro do Proxecto e-Twinning que está desenvolvendo 6º de Primaria dende a área de Lingua Estranxeira.
Nesta ocasión o alumnado estivo experimentando con varias aplicacións, como WordArt, como medio para expresar a súa creatividade e así compartir as súas creacións co resto dos países colaboradores.
Tamén se traballou a descrición e aprenderon a crear os seus propios avatares. A que lles quedaron ben riquiños?
Outro dos traballos que queremos mostrarvos é un Padlet colaborativo a través do cal o alumnado comparte pequenos vídeos nos que explican as FRASES FEITAS que aparecen na novela de Peter Pan, outro dos libros traballados a través deste Proxecto e-Twinning.
Finalmente comentarvos que esta semana recibimos as cartas dos nosos amigos e amigas de Marco de Canaveses ( Portugal), un cole co que traballamos no Erasmus e co cal seguimos en contacto. Agora tócanos respostar e xa estamos mans á obra!
No hay comentarios:
Publicar un comentario