O pasado xoves día 12 de novembro os cursos de 5º e 6º participaron nun obradoiro chamado A MAXIA DA ROBÓTICA. Este é un concurso organizado por IGACIENCIA en colaboración co Concello de Santiago de Compostela . Dos 9 grupos que participamos, tres levaron o 1º premio coa máxima puntuación que se podía acadar incluídos os 5 puntos de actitude e outro grupo levou o 2º premio compartido cun colexio de Ponteareas.
O éxito acadado polos nosos participantes dalgún xeito débese a colaboración dunha nai da comunidade educativa que veu facer unhas prácticas de robótica o curso pasado e a comenzos deste. Estamos seguros que grazas a estas prácticas, o alumnado tiña acadado unha certa soltura no manexo deste programa. É polo que lle agradecemos a esta nai a súa axuda e colaboración, agradecemento que tamén queremos compartir con todas cantas familias colaboran co colexio. A tódalas nais, pais, avós, avoas...
MOITAS GRAZAS POLA VOSA AXUDA!
Aquí temos os equipos gañadores ¿ Xa se lles nota, verdade? NORABOA A TODAS E TODOS!e despois do éxito e da motivación que ten o alumnado, a biblioteca vai ter que aumentar os fondos que traten de robótica!!!
2 comentarios:
Pasámolo en grande.
O alumnado estivo atento ás explicacións, activísimo a hora de programar ás actividades para os robots.
Divertiuse, aprendeu, levou un premio... E teremos uns robots no centro para seguir practicando.
Enoraboa. Nardo.
Pasamolo moi ben e ademais os dias seguintes cando Nardo nos decia que de moemnto iamos primeiros eso poñianos moi contentos e o dia que nos dixo que gañaramos estabamos tanfelices que bueno foi impresionante e ademais foi unha experiencia nova e mui divertida.
Publicar un comentario